Sunday 12 de May de 2024

Inés Rey: “O concello estará sempre ao lado das traballadoras e dos traballadores defendendo a industria da Coruña”


A alcaldesa acude á concentración en María Pita e esíxelle á Xunta que asuma as súas competencias no conflito laboral

A alcaldesa, Inés Rey, acompañada de parte da Corporación municipal, sumouse esta mañá en María Pita á concentración convocada polo comité de empresa de Alu Ibérica na defensa dos postos de traballo
da fábrica coruñesa. A alcaldesa asegurou que “o concello estará sempre ao lado das traballadoras e traballadores e defendendo unha industria que é fundamental para o futuro económico da Coruña e da súa área metropolitana”.
A alcaldesa está segura de que o Ministerio de Industria aclarará na Mesa Técnica que se realizará o 11 de xuño as irregularidades na venta da planta ao Grupo Riesgo e que actuará en defensa da viabilidade da factoría. E lembroulle á Xunta que ten que asumir as súas competencias neste conflito laboral que afecta
seriamente ao tecido industrial da Coruña. “”Esiximos a implicación directa da Xunta de Galicia, do seu presidente, o señor Feijoo, e do conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, que está desaparecido neste conflito, que se poñan a traballar para garantir o futuro de tantas traballadoras e traballadores e da industria nesta comarca”.

Este goberno, lembrou, estará sempre na defensa da industria desta cidade e ao lado das e dos traballadores. “E moi importante que neste momento tanto o concello como as administracións esteamos ao seu lado”, dixo.